Viños Sinceros

A nosa vocación é elaborar viños Ribeiro sinceros baseados na agronomía, aplicando o coñecemento da ciencia ao cultivo da terra. Viños de paisaxe e territorio, auténticos e xenuínos, elaborados con mestura de uvas autóctonas.

A nosa filosofía de elaboración baséase en conseguir manter o máis fiel posible todo o potencial do viñedo e da uva que chega á adega. Para conseguilo hai que respectar ao máximo o carácter das parcelas e ser o menos intervencionistas en adega.

Coñecemento e selección

O noso concepto de traballo implica separar ao máximo as nosas parcelas e subdividir cada unha delas para coñecer o seu comportamento. Aplicamos un criterio de vendima que se fundamenta en dous alicerces: o coñecemento da variedade e a parcela, e na selección de uva 100% en viña.

Por iso, non só cada tipo de uva se recolle por separado senón tamén cada parcela e cada variedade dentro dun mesmo viñedo. Adoitan ser vendimas moi longas porque o noso obxectivo é conseguir o estado de maduración completo e óptimo.

A elaboración

Dependendo da variedade e a parcela de orixe, utilizamos os materiais que menos alteren o carácter natural da uva e o viñedo. Ademais de depósitos de aceiro inoxidable de pequenas capacidades, en adega utilizamos diferentes volumes e madeiras, todas elas xa usadas; fudres, tallas abertas, distintos estilos de barricas e ovos de formigón.

Viña Meín Tinto

 

Viña Meín Tinto 2018 expresa o singular e elegante carácter de Osebe e Ribeira, dúas pequenas parcelas de apenas unha hectárea e media plantadas en bancais no corazón do histórico val do Avia.

Un viño vibrante e fluído. Xenuíno e fino. Fresco e especiado. Cunha boca longa e directa e con taninos lixeiros e suaves. Ver máis

vino Meín tinto
vino Meín

Viña Meín Branco

 

Un viño que expresa a exuberancia da paisaxe do Ribeiro e o seu minifundismo. Un mosaico de pezas que conforman tanto unha excepcional riqueza varietal como todo un patrimonio vitícola e cultural.

Harmónico e evocador. Corpo e enerxía. Longo e preciso. Flores e cítricos en harmonía. Cun nariz fresco e unha boca redonda e elegante.

O Pequeno Meín

 

Aromático, atractivo e intenso. Final amable e sincero. Exemplo da precisión e do agarimo que caracterizan á adega en viticultura e elaboración.

Reflexo da ensamblaxe minifundista das variedades locais do val do Avia.

O Pequeno

Emilio Rojo

 

Emilio Rojo 2018 é o resultado dunha viticultura minifundista. O uso das distintas variedades locais (treixadura, lado, godello, caíño branco, albariño e torrontés) expresa as características dunha paisaxe singular cunha inmensa paleta de colores. Síntese entre sábrego, socalcos, orientación e cepas. Delicado, pero tenso; vivo, pero sólido: viña e viño inimitables.

Histórico de vendimia

Historia das anadas

O val do Avia caracterízase por unha influencia atlántica durante boa parte do ano, pero con temperaturas interiores no verán. Un clima adverso que expresa a paisaxe deste contorno.

Galego