Natureza en socalcos

A paisaxe do Ribeiro escúlpese en granito e bancais … en vales infinitos salpicados de fontes termais e correntes; en socalcos e estreitos camiños que discorren entre valados de pedra gañados á montaña por man de varias xeracións.

A contorna

Minifundios que debuxan e colorean o val do Avia en tons cincentos e verdes. Unha contorna cuxas raíces afondan no máis profundo da historia da viticultura na Península Ibérica.

Minifundio Galicia

A natureza do sol
polo val do río Avia

Os viñedos de Viña Meín-Emilio Rojo contémplanse de fronte e móstranse en toda a súa plenitude ante as rutas da luz. As once parceliñas de Viña Meín refulxen pola mañá; os socalcos de Emilio Rojo, pola tarde.

A orixe

Meín figura nos libros de historia de Galicia como un dos primeiros asentamentos poboacionais máis próximos ao lendario mosteiro cisterciense de San Clodio, epicentro do desenvolvemento da viticultura no Ribeiro.

O talento
do viñedo

Emilio Rojo é a fusión entre a persoa e a viña. Viticultor e colleiteiro visionario no seu compromiso coa calidade, o seu emblemático viño provén dun lugar tocado por unhas condicións vitícolas excepcionais.

Logo viña meín emilio rojo