2018

2018 foi un ano climatolóxico complicado en toda a comarca do Ribeiro. Comezou cun inverno de temperaturas tépedas, pouca choiva e escasas xeadas nas primeiras semanas de xaneiro. A primavera trouxo altas temperaturas cun elevado índice de humidade ambiental provocada polas precipitacións entre o mes de abril e finais de xuño. Para paliar os posibles ataques de enfermidades fúnxicas como o mildio e black-rot utilizamos tratamentos preventivos puntuais en certas partes do viñedo. As condicións melloraron a partir do mes de xullo coa chegada dun tempo seco e con pouca humidade. Mantívose así ata a vendima que se realizou nas primeiras semanas de setembro. Aínda que se experimentou unha diminución en termos de cantidade, a calidade foi excelente polo que, en liñas xerais, tratouse dunha anada moi positiva.

Galego