Viña Meín Blanco 2018
21/02/2020

Viña Meín Tinto 2018

Dúas pequenas parcelas plantadas en bancais, Osebe e Ribeira, son a orixe de Viña Meín Tinto 2018. Apenas unha hectárea e media que se eleva paralela ao río Avia e que é fonte dunha materia prima excepcional.

Na súa elaboración atópanse dúas das variedades ancestrais do Ribeiro: caíño longo nun 75% e brancellao que suma un 25%. Un especial microclima de influencia atlántica, pero coa particularidade dunha gran oscilación térmica durante a primavera e o verán, definen o temperamento do viño.

75%

Caíño Longo

25%

Brancellao

2018 foi un ano climatolóxico complicado en toda a comarca do Ribeiro. Comezou cun inverno de temperaturas tépedas, pouca choiva e escasas xeadas nas primeiras semanas de xaneiro. A primavera trouxo altas temperaturas cun elevado índice de humidade ambiental provocada polas precipitacións entre o mes de abril e finais de xuño.

Para paliar os posibles ataques de enfermidades fúnxicas como o mildio e black-rot utilizamos tratamentos preventivos puntuais en certas partes do viñedo. As condicións melloraron a partir do mes de xullo coa chegada dun tempo seco e con pouca humidade. Mantívose así ata a vendima que se realizou nas primeiras semanas de setembro. Aínda que se experimentou unha diminución en termos de cantidade, a calidade foi excelente polo que, en liñas xerais, tratouse dunha anada moi positiva.

Os solos e as variedades autóctonas marcan o xenuíno estilo do tinto de Ribeiro. Un viño producido na comarca durante séculos aínda que hoxe en día poida considerarse minoritario. Viña Meín Tinto elabórase con caíño longo (75%) e brancellao (25%).

Unhas variedades que medran sobre un particular chan de sábrego cunha descomposición granítica especialmente fina, combinado con lousa e xisto.

A vendima das apenas 1,7 hectáreas de Osebe e Ribeira realizouse de xeito manual, en pequenas caixas, tras un exhaustivo seguimento durante o seu ciclo de maduración e despois dunha primeira selección no viñedo.

O viño elaborouse en diferentes tipos e tamaños de madeira: barricas grandes, fudres e toneis abertos. De media, o viño permaneceu uns 11 meses de crianza en madeira antes do seu paso a botella. Esta colleita 2018 de Viña Meín Tinto foi embotellada en agosto de 2019.