Riqueza Varietal

Se por algo salienta o Ribeiro, é polo seu gran patrimonio de variedades locais conservadas ao longo de centos de anos.

Cepas coas que se elaboran viños de paisaxe e territorio, tradicionalmente con mesturas de uvas autóctonas, onde cada unha achega as súas peculiaridades de cara á obtención de viños auténticos e xenuínos.

En Viña Meín-Emilio Rojo cultivamos unha gran diversidade de uvas locais e, como é tradicional no Ribeiro, as plantacións adoitan ser dunha mestura de variedades.

No que respecta ás brancas, a maioritaria é treixadura (65%) seguida de torrontés, godello, albariño, loureira, lado e caíño branco.

Canto ás variedades tintas, cultivamos principalmente caíño longo e brancellao. Temos algunhas plantas de sousón, ademais da vella viña de garnacha tintoreira.